Este mes de outubro a TVG dentro do seu espazo contenedor «Galicia Documental» (sábados as 16:20 máis ou menos) vai a ofrecer unha serie de documentais, donde, algúns deles, desenvolven o que se da en chamar Memoria Histórica.

O motivo deste aviso, aparte de comunicala nova, sirva tamén para difundir e creala visión necesaria para que o resultado de audiencia sexa o máis positiva posible e así transmitir a necesidade de que, polo menos, os medios públicos teñan a ven de emitir-producir e/ou co-producir traballos deste tipo.

Queda nas vosas mans o de servir de altavoces destes traballos e, o mesmo tempo de ser os espectadores.

A programación prevista pola Televisión de Galicia para este mes de outubro é a seguinte: (as variacións sempre poden ser posibles polo tanto sempre é bo botarlle unha ollada os peródicos dos sábados para ver si se manteñen na grella)

Sábado, 7 de outubro as 16:20

O andar do arrieiro de Producciones Sanmartín Padrón

O arrieiro é un personaxe que data da Alta Idade Media. Percorría os camiños medievais cunha recua de mulas que transportaban o viño do ribeiro. Xosé Lois Bernal acompañado da súa mula Fonseca percorre a zona do Ribeiro e conversa con xentes dispares.

Sábado, 14 de outubro as 16:20

A memoria nos tempos do volfram de Antonio Caeiro (buxoproduccións)

O comenzo da Segunda Guerra Mundial un mineral fíxose necesario para o estado Alemán: o volfram. Galicia convírtese en El Dorado para moita xente que buscaba diñeiro facil e/ou traballo naqueles duros anos da posguerra española. Mineiros, aventureiros, guerrilleiros, gardas civís, presos políticos, etc, conviviron nos montes galegos e entrecruzaron as súas vidas. Esta é a historia de aquelas personas contada por elas mesmas.

Este documental recibiu o primeiro premio no certame de vídeo Espiello’05.

Sábado, 21 de outubro as 16:20

Aillados de Antonio Caeiro (buxoproduccións)

A historia do campo de concentración da Illa de San Simón (Ría de Vigo) durante os anos da Guerra Civil española (1936/39), contada polos seus protagonistas. Horas e horas de gravación en vídeo deron lugar a este documental no que se tenta reflexar a emoción e a traxedia daqueles anos. Un traballo de investigación plantexado cunha metodoloxía de historia oral. Interveñen Alfredo Bautista «Reisiño», Teresa Blanco, Joaquín Nores, Heriberto R. Bermejo, Antonio Piñeiro, Antonio Salvador Caja, Manuel Barros, Ángel Fdez. del Rio, Antonio Durán, Ildefonso Puente e Carlos Alonso.

Sábado, 28 de outubro as 16:20

Os batáns do mosquetín de Marcos Gallego (Saga TV)

Os batáns do Mosquetín en Vimianzo, son os derradeiros batáns de Galicia.Estes artiluxios que tanto facilitaron o abrigo dos nosos ancestros constituen hoxe unha auténtica mostra da etnografía galega. Pero, como lles aconteceu ós seus iguais ubicados noutras zonas da nosa xeografía, estiveron a punto de desaparecer, froito do paso do tempo e do esquecemento das autoridades. Foi grazas á iniciativa do historiador Xosé María Lema, así como dalgúns concelleiros da vila e de membros das asociacións culturais da Terra de Soneira, que a día de hoxe, podemos marabillarnos con estes exemplos de enxeñería popular.