El ayuntamiento de Santiago de Compostela exige el pago de 405 euros por cada proyección de cine gratuito en la vía pública al Cineclube de Compostela y Rede Feminista Galega que organizan este ciclo de cine en torno a la mujer. La reacción de estos y otros colectivos de la ciudad no se ha hecho esperar. Han pedido desobediencia civil a dicha norma.
El Cineclube y Rede Feminista ya han pedido desobediencia civil como forma de lucha contra esta normativa. Por un lado mantienen el cineclub en la calle, que cada martes de junio proyectará una película, cuya temática gira en torno al papel de la mujer, en la plaza de Oliveira, sin pagar los 1.622 euros que les reclama el Ayuntamiento. Además invitan también a todas las organizaciones compostelanas a instalar sus mesas en la Praza do Toural cada viernes de este mes entre las seis y las ocho de la tarde, para informar de sus actividades y de paso desobecer la norma municipal.
Achegamos o texto lido onte por DasKapital durante a celebración da Festa XI Aniversario do Cineclube de Compostela:
«O pasado 11 de maio, o Cineclube de Compostela solicitaba permiso do Concello para a utilización da Praza da Oliveira os martes do mes de xuño, de cara a realizar un ciclo de cinema na rúa xunto coa Rede Feminista Galega. Case 20 días despois, a Concellaría de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico aprobaba o uso da praza, pero esixindo o pagamento previo dunha taxa de 405,52 euros por día, en virtude dunha ordenanza do 2007 que regula cuestións como a instalación de postos de artesanía, as rodaxes cinematográficas ou as atraccións. Cun total reclamado de 1622,08 euros, o Concello tenta imposibilitar pola vía económica a actividade, situando o uso do espazo público a un prezo máis elevado ca o marcado pola especulación para os alugueiros dos locais privados.
Sabemos que non somos os primeiros en sufrir esta retorta estratexia da administración municipal. Antes ca nós, outras organizacións políticas, culturais e veciñais, especialmente desde a formación do novo goberno, viron dificultadas ou imposibilitadas as súas actividades a través da petición de fianzas, da imposición de multas ou da negación de permisos para o uso do espazo ou da rede eléctrica. E, contra o que reiteradamente afirma o concelleiro Albino Vázquez, estes impedimentos estanse a dirixir principalmente contra asociacións sen ningún ánimo de lucro, nun plan que ten como último movemento a aprobación o pasado xoves dunha nova Ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da via pública. Contra o seu nome, esta norma rouba e privatiza completamente o uso das rúas, dado que só se lles permitirá a aqueles que poidan pagar as taxas e conten co visto e prace ideolóxico do goberno de turno.
Unha vez máis, a exclusión é o obxectivo principal do capitalismo organizado no goberno da nosa cidade, que só parecen querer poboada por turistas, pedras e cruces. Á exclusión das 20.000 persoas que viven por baixo do limiar da pobreza, das inmigrantes, das habitantes do rural, das músicas da rúa, de tantas e tantas veciñas, súmase agora a dun tecido asociativo que está a realizar a programación que debera ser responsabilidade da administración pública. Unha vez inaugurada unha Cidade da Cultura a medida, seica o seguinte paso da súa política é expulsaren a cultura da cidade.
As persoas que habitamos Compostela non podemos permitir este novo paso na escalada privatizadora dunhas rúas e prazas que son propiedade de todas. O Cineclube xa está a recorrer a imposición das taxas e fai un chamamento a participar en todos os actos programados contra a nova ordenanza e contra calquera outro ataque arbitrario da administración municipal á actividade dun colectivo da cidade. A rúa é nosa, e se non nos deixan usala teremos que tomala.» tendrá que tomar «.
No se han encontrado comentarios