Cinestable é unha iniciativa organizada pola asociación Inestable, coa colaboración co Concello de Ordes e outras entidades coma a AC Proxecto Trasno que xorde a partires da necesidade de dar a coñecer a cultura libre. Preténdese conseguir con esta idea motivar a creación de obras Creative Commons ou «CC» tanto a nivel galego como a nivel estatal.
Sirva polo tanto dito evento para facer un chamamento a tódolos autores/as galegos e de fóra da Galiza a que creen obras baixo licenzas deste tipo, que non fan outra cousa máis que fomentar o esparexamento dos seus traballos, non sendo limitadoras de dereitos nin de creatividade como o son os estándares copyright.
O noso obxectivo polo tanto é: Que a mensaxe de liberdade, de sentirnos donos do que facemos e queremos compartir con liberdade, de non ser manexados por outros, xa sexa calquera tipo de entes privados ou públicos, chegue á sociedade.
Sen máis so podemos convidarvos a que participedes na nosa iniciativa.
Lista de gañadores do I Cinestable 2010
* Premio á mellor curtametraxe : «Xogando con propiedade» de AC Lucerna.
* Premio á mellor curtametraxe en galego : «RC14» de Dolores Iglesias.
* Premio do público : «Ordes, cidade de vacacións» de Jesús Méndez.